xoves, 19 de xaneiro de 2017

Pequenas contadoras

Celia ten  catro anos e cóntanos así  O monstro de cores de Anna Llenas:



luns, 16 de xaneiro de 2017

Fatima Mernissi e a Paz, a igualdade e a xustiza.



Fatima Mernissi - Proposta para traballar o Día da Paz 2016 nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza

Fátima Mernessi
(Fátima ou Fatema Mernissi; Fes, 1940) Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Fátima Mernissi naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións.   (Ver Citas) -  (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013)  - Ver libros
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral".  "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.

Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.

Defensora dos dereitos da muller
Ao regresar a Marrocos nos anos setenta tras completar os seus estudos no estranxeiro, Mernissi deuse conta de que, máis que converterse en experta no seu traballo, o que necesitaba primeiro era defender os seus dereitos para estar plenamente nese traballo, e para iso tivo que volver revisar os textos coránicos.

Tras un minucioso estudo das diferentes versións do Corán, Mernissi lanzou o seu máis soada afirmación: 
"o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senón outros homes, quen empezou a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase". 
Escribiu "O harén político" con estas teorías, enfurecieu ao réxime e o libro converteuse no único libro prohibido en Marrocos (aínda hoxe), aínda que noutros países musulmáns, como en Siria, obtivo gran éxito. "El velo y la élite masculina", publicado en 1987, foi outro dos seus estudos censurados en Marrocos e nalgúns países musulmáns.

Seu é un dos primeiros estudos realizados a principios dos anos oitenta no que se demostraba cientificamente a correlación entre a alfabetización da muller e o índice da natalidade. En Marrocos, por exemplo, e tal como ela mesma explica no seu libro"Marrocos a través das súas mulleres" , de cinco fillos nas mulleres non alfabetizadas pásase a dúas nas alfabetizadas. As súas investigacións neste sentido foron de gran utilidade para as comisións especializadas das Nacións Unidas.

Loitadora infatigable
Mernissi compaxinou as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora e as incontables invitacións que recibe de todo o mundo para dar conferencias e presentar os seus libros (toda a súa extensa obra foi traducida a varios idiomas e moitos dos seus títulos son textos obrigatorios no ámbito universitario).

O seu entusiasmo, como a súa risa, é unha das súas características máis destacadas. Tiña unha estraña capacidade para tomalo todo con imbatible ánimo, para converter unha derrota nun triunfo. Como, por exemplo, o tema da súa imaxe. Fátima procurou non saír na televisión e poucas veces se deixa retratar nos xornais e as revistas de maneira que o seu rostro sexa reconocible: ten por costume poñerse un pano ou a taparse un ollo ou a boca ou algunha parte da cara.

Sen dúbida, esta é unha medida de prudencia máis que necesaria para os tempos que corren. Pero Fátima négase a admitir esa limitación da súa liberdade, prefire dicir que lle gusta manter o anonimato para poder investigar mellor e non ser recoñecida pola rúa e que ao retratarse así está a construír un símbolo da situación da muller árabe, que non é do todo libre para falar, ver e ser, á vez que converte os seus retratos nunha parte máis da súa loita e da súa mensaxe.  Artigo traducido da páxina Biografías ...

domingo, 15 de xaneiro de 2017

Sobre A PAZ de hoxe, de mañá e de sempre!

Poemas en galego para o Día da Paz:
Animate a xogar con este LIM, aprenderás moitas cousas sobre A PAZ no mundo:
Realizado por  Belén Junquera

Outra muller escritora ocupa un sillón da Real Academia Galega da Lingua

A escritora galega Marilar Aleixandre ingresou onte na Real Academia Galega da Lingua da man doutra escritora galega importante como é Fina Casalderrey
Marilar aínda que naceu en Madrid, vive en Galicia desde 1973, e adoptou o galego como lingua de escritura.
 Estudiou Bioloxía e hoxe é catedrática da Universidade de Santiago onde traballa como mestra.
Podedes atopar na Biblio Crocaio: 



Ocupa o sillón que deixou vacante trala súa morte o escritor Neira Vilas.

sábado, 14 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

Aquí tedes un día calquera da nosa Hora de ler. O ambiente lector que se vive nunha boa parte de centros educativos galegos que puxeron a andar xa hai tempo a "hora de ler", un tempo para a lectura libre dentro do horario lectivo.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

CINE POLA PAZ, A IGUALDADE, A XUSTICIA: Binta e a gran idea

Esta semana e achegándonos ao Día escolar pola paz, comezaremos coa emotiva curtametraxe "Binta e a gran idea" de Javier Fesser, que veremos e reflexionaremos sobre o seu tema  nas aulas de Primaria.
Seguro que vos gusta e vos sorprende!!

Binta, unha nena africana de sete anos, conta a "gran idea do seu pai", pescador nunha pacífica aldea do Senegal, para mellorar o mundo. 
Curtametraxe financiada por UNICEF para mostrar distintas realidades que afectan á infancia.


martes, 3 de xaneiro de 2017

Azur e Asmar

Mentres non chegan aos Reis Magos podemos ir vendo algunha peli que nos faga reflexionar sobre a idea de intentar neste ano 2017 facer un mundo mellor, máis xusto,  con igualdade de oportunidades, con paz e traballo para todos, un mundo no que a colaboración, a axuda, as mans tendidas sexan realidade.
Por exemplo aquí tedes Azur e Asmar de Michael Ocelot

Dous nenos criados pola mesma muller como si foran irmáns, agora, adultos, convertíronse en rivais.