luns, 26 de marzo de 2012

"Dúas Letras" coa participación de Fina Casalderrey

Mañá martes, teremos no colexio para ofrecer unha charla ao alumnado de primaria á escritora Fina Casalderrey Fraga.
É para o noso pequeno colexio unha gran honra que unha personalidade das letras coma ela teña a ben vir ao centro e agasallarnos cunha hora do seu tempo.
 Fina é unha gran traballadora da palabra, escribe en galego e castelán, traduce, investiga, revisa os seus escritos e ademais  ata o ano pasado traballaba como mestra dun instituto pero como veredes a continuación tamén lle picou o vermiño de facer cine. A película  é un corto porque dura pouco, moito menos que unha peli normal, e conta unha historia moi tenra da emigración dun fillo e da tristeza da súa nai por telo tan lonxe, Fina fai o papel da persoa que escribe e le as cartas a esta nai analfabeta que se vos fixades é a súa nai: Teresa Fraga.
               FINA: GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO!!



Dúas letras from evarela on Vimeo.


Déixovos este crebacabezas faciliño coa súa foto:

Ningún comentario: