venres, 17 de xuño de 2016

Voluntarios e voluntarias 2015-2016

                                     VOLUNTARIADO DE LECTURA
 Chegou o momento de agradecer a estes voluntarios o seu compromiso e a súa axuda desinteresada durante os recreos na BiblioCrocaio.
Ordenaron, colocaron, catalogaron, forraron, puxeron etiquetas pero sobre todo afianzaron actitudes e valores de colaboración e coidado de bens comúns e ampliaron a súa experiencia lectora e bibliotecaria, polo que lles foi recoñecido o seu labor desde a Consellería de Educación, cun diploma e unha camiseta do programa Voluntariado de lectura
 MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!
O próximo ano repetiremos!!

Educación Infantil presenta:

"Árbores no camiño", curta elaborada polas profes de Infantil coa colaboración da profe Ester e dos nenos e nenas, que prestaron as súas voces e o seu traballo.



Historia baseada no libro da editorial OQO do mesmo título para concurso Nós tamén creamos

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.


luns, 13 de xuño de 2016

100 anos con Roald Dalh

Roald Dalh,  escritor británico nacido en 1916 coñecido polos seus divertidos libros infantiles e xuveniles, moitos dos seus relatos convertíronse en películas de gran éxito.
 A súa imaxinación foi desbordante, o seu debuxante Quentin Blake, faría as ilustracións a todos os seus libros.

A Bibliocrocaio recoméndache todos e calquera dos seus libros. A mochila de 5º contiña este ano de contos o seu libro "Cuentos en verso para niños perversos", pero tamén vimos as pelis de Matilda e La maldición de las brujas, baseada no seu libro Las Brujas.

Lembrámolo porque este ano 2016 cumpliría 100 anos.

                            
 Libros de RoalD Dalh:
 
 http://camilaaliberti.cumbresblogs.com/files/2014/11/cuentosenversoparanic3b1osperversos.pdf

Aqui deixámosche algúns contos :

xoves, 9 de xuño de 2016

Crocaio saúdavos!

Mañá estará agardando a vosa visita despois das exhibicións,
 ten preparada unha gran exposición de contos e manualidades,
a Biblio Crocaio vístese de gala para acoller a visita das familias que o desexen.



Haberá algún tesouro agochado para quen o atope!

E un conto de agasallo!

Traballiños deste curso