xoves, 1 de setembro de 2016

Preparados...

Hoxe comeza  o mes de setembro.
Imos poñendo en marcha o necesario para que o inicio das clases nos pille preparados...Mochilas, libros, material diverso...
Lemos ou relemos algo nos libros..
Crocaio dávos a benvida  ao Blog coas fermosas ilustracións de libros infantiles da escritora Fiep
Westendorp da que se cumplen 100 anos do seu nacemento e que nos proporciona a cabeceira do noso blog.





mércores, 20 de xullo de 2016

Agustín Fernández Paz. Sempre con nós!

Os seus libros As fadas vesdes e O segredo da Illa Negra acompañáronnos este pasado curso.


Pero hai moitos libros máis de Agustín que deben ser lidos. Anímate este verán!

venres, 17 de xuño de 2016

Voluntarios e voluntarias 2015-2016

                                     VOLUNTARIADO DE LECTURA
 Chegou o momento de agradecer a estes voluntarios o seu compromiso e a súa axuda desinteresada durante os recreos na BiblioCrocaio.
Ordenaron, colocaron, catalogaron, forraron, puxeron etiquetas pero sobre todo afianzaron actitudes e valores de colaboración e coidado de bens comúns e ampliaron a súa experiencia lectora e bibliotecaria, polo que lles foi recoñecido o seu labor desde a Consellería de Educación, cun diploma e unha camiseta do programa Voluntariado de lectura
 MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!
O próximo ano repetiremos!!

Educación Infantil presenta:

"Árbores no camiño", curta elaborada polas profes de Infantil coa colaboración da profe Ester e dos nenos e nenas, que prestaron as súas voces e o seu traballo.



Historia baseada no libro da editorial OQO do mesmo título para concurso Nós tamén creamos

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.