domingo, 18 de decembro de 2016

O Nadal no cine!

O tempo de Nadal nalgunhas películas.
 Fermosas esceas de Nadal con panxoliñas, neve, bo humor, e todo o que poidamos imaxinar de maxia e fantasía que o cine crea para nós.
Seleccionadas pola profe Inés para a Biblio Crocaio, para o noso proxecto do cine e para que disfrutedes con elas:

Un protagonista de cine: Rodolfo o reno!

Actividades de Nadal co cine como punto de partida

Xa é oficial!! 
Palabras de Caramelo / Words of Caramel nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Cortometraxe Documental.
Noraboa a Juan Antonio Moreno Amador e Silvia Venegas!!
E como non ao seu autor Gonzalo Moure, que visitou a Bibliocrocaiono ano 2014. Alegrámonos moito desta nominación , e aínda máis de que esta obriña da literatura infantil e xuvenil se convirta nunha curta cinematográfica.
Se queredes volver a ler ou ler por vez primeira o libro , aquí tedes o pdf coa obra completa, asegúrovos que vos vai gustar moito!
https://issuu.com/makingdoc3/docs/palabras_de_caramelo_dossier

Palabras de Caramelo (Making DOC, 2016) - Tráiler Oficial from Making DOC on Vimeo.

xoves, 15 de decembro de 2016

Apredemos de CINE!

Hora e media que se quedou curta , foi o tempo de charla do especialista en cine, director, actor e monitor de obradoiros sobre cine:Óscar, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos.
Comezamos  co cine mudo de Buster Keaton.
Sobre esceas deste actor foi contando  as distintas profesións que se precisan para facer unha película, coa axuda dos nenos e nenas falounos de perruquería, maquillaxe, efectos especiais, decoradores, cámaras,travelling, músicos, actores e actrices por suposto, e de outros máis descoñecidos e moi importantes como os montadores e os especialistas en esceas peligrosas.
Comezamos moi ben!



Seguimos con cine en branco e negro pero agora xa sonoro: Os Irmáns Marx:
Cómicos xeniais e surrealistas, as súas películas pasaron a formar parte da historia do cine:
-Sopa de ganso
-Una noche en la ópera
-Un día en las carreras

Aquí tedes unha das esceas inesquecibles de Una noche en la ópera na que podedes apreciar o seu disparatado humor:

A escea da carreira de cuádrigas da Película BEN -HUR 
(gañadora de 11 óscars) foi explicada con detalle: maquillaxe, especialistas, curiosidades...
E tamén, como non, falounos do cine de misterio de Alfred Hitchcock e vimos a secuencia na que os paxaros agardan a saída duns nenos e nenas da escola para atacarlles, os poderosos paxaros poderían cos humanos si realmente quixeran destruírnos.

Impresionounos a película dos paxaros, pero comprendimos que é só CINE! Moitas grazas Óscar pola estupenda charla!

3D para esta curta animada de Pixar que tamén ten de protagonistas aos paxaros: