mércores, 5 de abril de 2017

20 de abril visita a BIBLIO CROCAIO o escrito, debuxante r e ilustrador Anxo Fariña




ANXO FARIÑA 
naceu en Vigo en 1977. Licenciado en Belas Artes, ilustrador e escritor. É un coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores.
Gañou o Premio Merlín  en 2011 e o Frei Sarmiento en 2012. 
Destaca pola súa capacidade de contactar co público máis novo, e así visita centros para promover a lectura e para realizar obradoiros de ilustración.
Deseñou a idea xeral para un proxecto de lecto escritura coa editorial Oxford, e é autor de materiais educativos no eido da cratividade.
Ten máis de corenta libros publicados.







venres, 31 de marzo de 2017

Oli, autor de Leocadio o león visita a Biblio Crocaio

O vindeiro luns 3 de abril, a Bibliocrocaio recibe 

unha visita moi especial: o escritor OLI, que 

recibiremos os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º.

OLI falaranos do seu libro Leocadio o león que 

coñecen moi ben. Achegamos ao alumnado ao 

proceso de creación literaria da man dun 

experto autor galego actual.



OLI naceu en Cangas en 1960. Mestre de Primaria, tradutor e especialista en literatura infantil e xuvenil.
Co-director da colección Seteleguas de Kalandraka.

A  prosa áxil de OLI capta a atención dos primeiros lectores autónomos que acompañan a Leocadio na súa traxectoria vital ata atopar o seu verdadeiro camiño, do que só imos a dar unha pista:

Leocadio é un león moi cinematográfico. Ilustrado por Teresa Novoa, evoca as películas de aventuras, lémbranos a personaxes como Tarzán, Charlot, aventuras en países exóticos...

Libros de Oli:

Mirade que montaxe espectacular fixeron os nenos e nenas de Coirón-Dena:

domingo, 26 de marzo de 2017

En MARCHA A MOCHILA VIOLETA!

CROCAIO PRÉSTANOS UNHA MOCHILA VIOLETA

            A biblioteca CROCAIO  quere poñer á vosa disposición   una selección de libros e películas que presentan una visión do mundo baseada na igualdade, a tolerancia , o respecto e a liberdade.
Un mundo onde nenas e nenos poidan escoller os seus soños e ilusións en igualdade de oportunidades.
A idea surxe doutra mochila violeta que se presta na Diputación de Granada, que editou unha guía de lectura coeducativa recopilada por Natalia Enguix e Cristina López na que se poden atopar pautas para elexir libros que eduquen en igualdade, por idades e de temáticas variadas, literatura variada, divertida que escapa de roles e estereotipos sexistas.
A nosa mochila leva esta guía como consulta para posibles compras de lecturas, tamén podedes descargala AQUÍ

A Mochila Violeta da Biblio Crocaio leva unha selección de lecturas de temática variada: diversidade familiar, prevención da violencia de xénero, identidade sexual, educación emocional, autoestima…
Esta semana comeza a circular en sexto e irá pasando polos demais cursos.
Se queremos construir una sociedade máis igualitaria debemos de coidar que as lecturas infantís rompan con esas ideas de valores dominantes, roles sexistas e relación de poder que xeracións anteriores entendían como normais.

É por iso que debemos esforzarnos por transmitir os valores de igualdade, liberdade e dignidade humana.
Apetécevos coñecer a Mochila Violeta?

Vídeo : Todos somos diferentes







xoves, 23 de marzo de 2017

Calos Casares, escritor homenaxeado nas LETRAS GALEGAS 2017

 A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano
Todos os potenciais usuarios e usuarias debemos coñecer esta ferramenta, profesorado, as familias e demais membros da comunidade educativa.

                              Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.

A poesía