luns, 12 de marzo de 2018

A golpe de luns!

 Hoxe iniciamos as actividades de Faro da escola e asistimos no auditorio Cidade de Vigo xunto con outros moitos coles, á presentación do programa FARO DA ESCOLA
Entre todos elaboramos unha entrevista a dous personaxes de actualidade:  o monologuista de Salceda de Caselas David Amor e  a actriz viguesa Celia Freijeiro, cada cole fíxolles unha pregunta á que moi amablemente responderon.
Un xornalista anotaba as respostas e o debuxante Luis Dávila facía as súas caricaturas a un tempo.
Angel e Pelayo preguntaron a David  a súa opinión sobre a igualdade de xénero no deporte.
A partir de agora toca o traballo de xornalistas nas aulas, para sacar adiante o noso FARO DA ESCOLA



MOCHILA VIOLETA EN QUINTO:


Anuncimos para o mércores 14 unha charla na BIBLIO CROCAIO para pais e nais que o desexen:

mércores, 7 de marzo de 2018

Voluntarios Lectores no CENTRO DE MAIORES AGARIMO

Hoxe o alumnado Voluntario na Biblio Crocaio visitamos o Centro de Maiores Agarimo da Avd. do Aeroporto, para realizar unha lectura de poemas de Rosalía de Castro e ler o conto  
Las princesas también se tiran pedos
Foi unha actividade moi interesante para todos. Compartimos lecturas e un ratiño de charla e despois visitamos as instalacións do centro acompañados polo seu amable persoal e polo seu director
.

domingo, 4 de marzo de 2018

8 de marzo Día Internacional da MULLER

O día Internacional da Muller,conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. 
En España o 8 de marzo ten tamén un significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior e igualdade de condicións que o home, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción publica. 
As cousas cambiaron moito desde entón pero a loita polas mesmas oportunidades para homes e mulleres continúa.
.........................
....................................

xoves, 1 de marzo de 2018

O escritor Anxo Moure visita a Biblio Crocaio



O escritor, contacontos, autor de "A xacia Luviñas", "O carballo con botas" visitou hoxe a Biblio Crocaio e fixonos disfrutar coas súas historias do Miño, da natureza, das árbores e dos animais.
Os nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º pasárono xenial!
Moitas grazas Anxo! 
Si lembrades, a cita era para onte, pero non puido saír da súa casa a causa da neve, xa que vive nun pequeno pobo de Lugo desde o que hoxe veu en autobús e despois subiu andando ata o cole porque, como moi bo ecoloxista que é, só se desplaza en transporte público!

Tedes máis información no blog dos peques



mércores, 28 de febreiro de 2018

Viaxamos a Italia cun postre típico: TIRAMISÚ

Un postre típico italiano, con axuda de Conchi Moreira a mamá de Javier de 6º curso.
Con ingredientes autenticamente italianos elaboramos onte no comedor do cole a receita do Tiramisú.
Nenos e nenas foron tomando nota dos ingredientes e da elaboración así como dos pequenos trucos que Conchi, moi amablemente, nos ía indicando.
 Elaboramos tamén unha porción cun biscoito sen gluten para un compañeiro de 5º que ten intolerancia a este compoñente da fariña.
Estivo un par de horas na neveira e despois dimos boa conta del!
Moitas grazas Conchi pola túa entrega e paciencia, repetiremos!!
                           
Atreverémonos con outras receitas de diferentes países!



luns, 26 de febreiro de 2018

Abrimos a fiestra a Rosalía

Os nenos e nenas de 1º curso tamén participaron da actividade Abride a Fiestra a Rosalía e copiaron cadansúa estrofa do poema Adios ríos adios fontes, que recitarán ás familias.